Campus JAZZ de Pontevedra 2009

http://jazzclub.blogdiario.com/img/Campusjazz1.jpg 

Campus JAZZ dePontevedra

 Auditorio Casa das CAMPÁS  Rúa don Filiberto 9-11

 ás 21h00 entrada libre  ate completar aforo

http://jazzclub.blogdiario.com/img/campusjazz2.jpg

Alberto Conde  - piano

Roberto Somoza – saxofón e frauta

Miguel Cabana – batería

Kin García – contrabaixo

Cando o Jazz convértese nun elemento integrador e únese ás músicas do mundo,  atopamonos co denominado fenómeno etno-jazz. Referímosnos á fusión do Jazz coa música galega, o que algúns críticos denominaron Novamuiñeira, ou Muiñeira-jazz.

Este proxecto o desenvolveu e principiou Alberto Conde coa grabación e edición de dous discos: “A Lagoa dos Atlantes” (1997), e “Celtrópolis” (1999). Despois viñeron outros.

Esta formación, que está participando activamente en diversos escenarios  posúe un traballo, dentro do campo do Jazz e das Novas Músicas, extenso e rico en formas e contidos. Cada un destes músicos  ten a súa propia formación artística, unha longa traxectoria musical e 20 anos de incasabel labor as súas costas.

Conseguen crear unha atmosfera aberta, con sinxelas melodías, espontaneidade, expresividade e variedade de ritmos, música galega enriquecida . A formación está composta por piano, contrabaixo, saxos e frauta, batería .

 

http://jazzclub.blogdiario.com/img/campusjazz3.jpg 

Iago Mouriño – teclado

Pablo Pérez – baixo eléctrico

Miguel Queixas – batería

3AZOTEAS ten como a pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares. Este encontro

musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.

 

 

http://jazzclub.blogdiario.com/img/campusjazz4.jpg 

 

Carlos Calviño - guitarras
Oscar Rodríguez - contrabaixo
Noli Torres - batería
Sarunas Pupelis - saxofón e clarinete

Unha proposta que recolle as mellores aportacións da cultura musical do século xx. Blues, rock, pop, reggae, música latina, bossa e jazz son usados nas estructuras harmónicas e rítmicas que utilizan misturadas para ser o fundamento das suas improvisacións.

Atopamos, reunidos nun cuarteto de luxo, catro músicos de moi diversas procedencias os cales  aportan  as súas  experiencias do folk, jazz,  pop, funky… Coa música programada para este concerto emerxerán estilos fusionados, a improvisación, o jazz, o rock, o pop, as influencias africáns (reggae), brasileiras (bossa), latin (son). Músicas que xa forman parte da memoria de todos nós.

 

 

http://jazzclub.blogdiario.com/img/campusjazz5.jpg 

Jacobo de Miguel – piano

Ton Risco - vibráfono

“DÚO”. Primeiro disco do proxecto formado por Jacobo de Miguel (piano) e Ton Risco (vibráfono) baseado arredor dunha perspectiva camerística da música de jazz.. É a culminación de anos de desenrolo musical e a mestura de dúas persoalidades de experiencias diferentes pero con puntos converxentes en aspectos cruciais: o entendemento musical, o gusto pola delicadeza e o compromiso ca música improvisada. Neste sentido, a concepción das súas composicións participa destes pilares tanto no labor compositivo coma nas secións improvisatorias.

Por outro lado, en “Dúo” converxen diferentes tradicións musicais: a clásica, a americana e a europea. Non é casualidade daquela, que ámbolos dous teñan formación clásica e teñan levado xunto á tradición jazzística americana o gusto pola chamada “música seria”.Finalmente, coma músicos do noroeste da península participan dunha corrente de interpretación europea, crucial no desenrolo do jazz ó longo do século XX.

http://casadascampas.uvigo.es

http://www.agamujazz.com 

 

Viveiro: Jazz en Inverno. HOT 3sss

HOT 3sss en Concerto. 23-12-06. 21:00h.

http://jazzclub.blogdiario.com/img/hot3sss.gif 

 Actuación homenaxe a Louis Armstrong 

  HOT3sss ven de gravar un homenaxe a Satchmo ( Louis Armstrong ) no 35 aniversario do seu falecemento, únicos expoñentes de éste xénero denominado “hot jazz” ou “estílo New Orleáns”  en Galicia. Os ritmos usados por este grupo son a orixe de toda  a  música moderna,jazz,rock, blues... música dunha aparencia sinxela pero que  segue a proporcionarnos elementos para creatividade  no século XX. Os músicos que forman  HOT3sss son:

 

Juan Cabe: Banjo e guitarra.

Actualmente forma parte da  Mr.Dixie Jazz Band e  Os Cempés, excelente guitarrísta e banjoísta

 

Quique Alvarado: Contrabaixo.

 

Guillermo Lancelotti: Trompeta. Líder e fundador de Mr.DixieJazz Band, de HOT3sss.

 

SATCHMO - LOUIS ARMSTRONG

Nado  en New Orleans o 4 de xullo de 1900 (segundo  él) e morreu en Corona, New York, o 6 de xullo de 1971, cumplense o 35 aniversario da súa desaparición.

 

http://www.escolaatempo.com 

 


Used cars Albergado en:blogdiario.com

Noticias: Noticias

Un servicio de HispaVista

Contador gratis contadorplus.com Contador gratis contadorplus.com Contador gratis contadorplus.com