Campus JAZZ de Pontevedra 2009
Campus JAZZ dePontevedra
Auditorio Casa das CAMPÁS Rúa don Filiberto 9-11
ás 21h00 entrada libre ate completar aforo

Alberto Conde - piano
Roberto Somoza – saxofón e frauta
Miguel Cabana – batería
Kin García – contrabaixo
Cando o Jazz convértese nun elemento integrador e únese ás músicas do mundo, atopamonos co denominado fenómeno etno-jazz. Referímosnos á fusión do Jazz coa música galega, o que algúns críticos denominaron Novamuiñeira, ou Muiñeira-jazz.
Este proxecto o desenvolveu e principiou Alberto Conde coa grabación e edición de dous discos: “A Lagoa dos Atlantes” (1997), e “Celtrópolis” (1999). Despois viñeron outros.
Esta formación, que está participando activamente en diversos escenarios posúe un traballo, dentro do campo do Jazz e das Novas Músicas, extenso e rico en formas e contidos. Cada un destes músicos ten a súa propia formación artística, unha longa traxectoria musical e 20 anos de incasabel labor as súas costas.
Conseguen crear unha atmosfera aberta, con sinxelas melodías, espontaneidade, expresividade e variedade de ritmos, música galega enriquecida . A formación está composta por piano, contrabaixo, saxos e frauta, batería .
Iago Mouriño – teclado
Pablo Pérez – baixo eléctrico
Miguel Queixas – batería
3AZOTEAS ten como a pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares. Este encontro
musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.
Carlos Calviño - guitarras
Oscar Rodríguez - contrabaixo
Noli Torres - batería
Sarunas Pupelis - saxofón e clarinete
Unha proposta que recolle as mellores aportacións da cultura musical do século xx. Blues, rock, pop, reggae, música latina, bossa e jazz son usados nas estructuras harmónicas e rítmicas que utilizan misturadas para ser o fundamento das suas improvisacións.
Atopamos, reunidos nun cuarteto de luxo, catro músicos de moi diversas procedencias os cales aportan as súas experiencias do folk, jazz, pop, funky… Coa música programada para este concerto emerxerán estilos fusionados, a improvisación, o jazz, o rock, o pop, as influencias africáns (reggae), brasileiras (bossa), latin (son). Músicas que xa forman parte da memoria de todos nós.
Jacobo de Miguel – piano
Ton Risco - vibráfono
“DÚO”. Primeiro disco do proxecto formado por Jacobo de Miguel (piano) e Ton Risco (vibráfono) baseado arredor dunha perspectiva camerística da música de jazz.. É a culminación de anos de desenrolo musical e a mestura de dúas persoalidades de experiencias diferentes pero con puntos converxentes en aspectos cruciais: o entendemento musical, o gusto pola delicadeza e o compromiso ca música improvisada. Neste sentido, a concepción das súas composicións participa destes pilares tanto no labor compositivo coma nas secións improvisatorias.
Por outro lado, en “Dúo” converxen diferentes tradicións musicais: a clásica, a americana e a europea. Non é casualidade daquela, que ámbolos dous teñan formación clásica e teñan levado xunto á tradición jazzística americana o gusto pola chamada “música seria”.Finalmente, coma músicos do noroeste da península participan dunha corrente de interpretación europea, crucial no desenrolo do jazz ó longo do século XX.

